Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2020

AVISO A RAPEIROS E COMPOSITORES!!!

Imaxe
Sei que a moitos de vós vos gusta compoñer cancións, e a outros tamén vos gusta o Rap e tendes unha imaxinación e unha creatividade desbordantes, polo que estou argallando unha actividade na que mezclemos eses dous ingredientes, pero preciso que os interesados mo fagades saber, deixando un comentario aquí ou mandándome un mail. Espérovos!!! isabelprofereforzat@gmail.com

RESULTADOS DO PRIMEIRO RETO

Imaxe
Xa van chegando os resultados do primeiro reto. Este é sobre as tablas de multiplicar. FIXECHES MOI BO TRABALLO!! ENCÁNTAME, NORABOA!! SEGÚN VAIAN CHEGANDO IREI POÑENDO MÁIS.

SEGUNDO RETO REFORZA-T

Imaxe
Boas de novo alumnas e alumnos. Como levades estes días na casa??    Supoño que uns mellor que outros.  Os que teñen un xardín ou unha hortiña pola que poder estirar as pernas xa é todo un luxo, os que non, haberá que conformarse con mirar pola fiestra.  Polo menos estamos tendo uns días de sol estupendos, que aínda que fan que nos medren as ganas de saír a dar unha voltiña, dan algo de alegría, mellor ver o sol que que esté todo o día chove que te chove Moi ben rapaces e rapazas, unha vez superado o primeiro reto vouvos explicar en que consiste o segundo desafío. Atentos preme na foto de debaixo e empezamos!! ESPERO AS VOSAS RESPOSTAS!!

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS

Imaxe
Boas de novo rapaces, parece que imos estar aínda un tempiño na casa. Hoxe poñovos un pequeno esquema da proposta de retos que imos ir realizando nestes días.   Eu estou traballando dende a casa para prepararvos estas cousas e seguro que vos lle adicades tamén unhas horiñas a facer as tarefas. Si pinchas no esquema desplegarache unha foto e si tocades no signo + atoparedes algunha pista de en que consistirán os retos propostos. Como vedes serán 5 retos que podedes ir facendo pouco a pouco ó logo destes día. Cada reto realizado é unha victoria e un pasiño mais cara o éxito. LEMBRADE MIRAR AS INSTRUCCIÓNS QUE APARECEN NO PANEL. Ánimo!!

PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS

Imaxe
Boas rapaces e rapazas, a verdade é que se fan un pouco longos estes días sin poder saír, pero intentade facer a parte das tarefas diarias, cousas divertidas e sobretodo leede, leede moito, xa que leendo podedes viaxar a calquera lugar!! Estas actividades que vos vou ir propoñendo son para aprender divertíndose, no caso de que o aburrimento sexa moito e tamén para distraerse. Sabedes o que é un Lapbook?   Ides aprender o que é con esta actividade. Propóñovos contrúir un nestes días. Eu xa teño o meu feito!! Necesitades papeles de cores ou blanco, sempre podedes pintalo vos, cartolina, pegamento e tesoiras. Lápices de cores e rotuladores, e si tes un pouco de velcro pola casa xa sería estupendo, pero si non pois non pasa nada. Para ver as instruccións de como se constrúe un pincha aquí . para ver un modelo. Nese exemplo tedes para facer un sobre tablas de multiplicar, pero podes facelo sobre o tema que queirades. Si pinchas aquí podes ver outro exemp

EMERXENCIA COVID-19

Imaxe
Bos días familias e alumnos: Ante a problemática ocasionada pola rápida expansión do coronavirus e a necesidade de confinamento nas nosas casas, ábrese unha nova alternativa educativa, a de traballar contidos escolares por vía telemática. Como profesora do programa Reforza-T creo este Blog coa intención de favorecer a aprendizaxe do alumnado e abrir unha vía de comunicación con alumnos e familias para facilitar na medida do posible o proceso de ensino-aprendizaxe. Como profesora do programa REFORZA-T non é o meu cometido enviar contidos ós alumnos, pero si facilitar na medida do posible a adquisición de coñecementos, resolver dúbidas e estar en contacto por si fora necesaria a miña colaboración e axuda. Así que sin mais imos a ver no que podemos axudar. Si pinchas aquí poderás enlazar coa Aula virtual do centro e ver cales son as tarefas propostas polos titores. Imos seguir traballando diariamente así que si tes dúbidas podes comentarmas no meu enderezo electrónic