PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS



Boas rapaces e rapazas, a verdade é que se fan un pouco longos estes días sin poder saír, pero intentade facer a parte das tarefas diarias, cousas divertidas e sobretodo leede, leede moito, xa que leendo podedes viaxar a calquera lugar!!



Estas actividades que vos vou ir propoñendo son para aprender divertíndose, no caso de que o aburrimento sexa moito e tamén para distraerse.


Sabedes o que é un Lapbook? 

Ides aprender o que é con esta actividade.

Propóñovos contrúir un nestes días.

Eu xa teño o meu feito!!






Necesitades papeles de cores ou blanco, sempre podedes pintalo vos, cartolina, pegamento e tesoiras.
Lápices de cores e rotuladores, e si tes un pouco de velcro pola casa xa sería estupendo, pero si non pois non pasa nada.


Para ver as instruccións de como se constrúe un pincha aquí. para ver un modelo.

Nese exemplo tedes para facer un sobre tablas de multiplicar, pero podes facelo sobre o tema que queirades.

Si pinchas aquí podes ver outro exemplo.

Como en 3º curso están traballando o tema da medida do tempo paréceme boa idea que fagades un sobre esa temática, pero podedes facelo sobre un tema que vos guste ou sobre o que teñades interese en traballar.
Por exemplo, os de cuarto poderían facelo sobre as magnitudes( capacidade, peso, distancia) outra idea é facelo tamén sobre a clasificación dos animais, e os de quinto sobre as regras de acentuación, sobre tipos de palabras..sobre épocas históricas, hai tantas temáticas!! Escollede unha e empezade a recortar formas, escribir en elas, pegar na cartolina... e calquera dúbida escribídeme e vemos como resolvela.

Estou segura que vos queda ben chulo!!



Seravos de utilidade para consultar dúbidas e sin darvos conta mentras o facedes aprenderedes un montón de cousas.

Cando o teñades listo quixera ver unha foto del, a ser posible, porque esas fotos serviranme tamén para colgalas de exemplo no Blog e así vedes publicado o voso traballo. E lembrade, si tedes algunha dúbida con respecto a esta actividade ou calquera das que estedes facendo na casa na que eu poida axudarvos xa sabedes.



Podedes enviarma a isabelprofereforzat@gmail.com e as fotos dos lapbooks tamén.

Estou desexando saber de vos. Unha aperta!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS