ENLACES PARA REPASAR



Meu querido alumnado: Benvidos de novo despois de estas estranas vacacións de Semana Santa, nesta entrada non vos poño tarefas para que fagades e me enviedes, simplemente son recursos que podedes usar para repasar nestes días.

Non vos desmoralicedes porque sodes uns rapaces e rapazas estupendos e cando sexades maiores, esto será unha anecdota vivida, desas que lle contaredes fachendosos ós vosos fillos e ós vosos netos.

Estes días estamos aprendendo moitas cousas, desas que nos quedan para toda a nosa vida...a compartir, a valorar o que temos, a ser felices a pesares das dificultades, a buscar estratexias para pasar as horas e os días sin caer no aburrimento, e a ser alumnos e alumnas a distancia, pero sen perder o sorriso.

Como vedes hai un icono para cada curso.
O pinchar en el aparecen enlaces a actividades lúdicas que espero que vos gusten. Pouco a pouco irei completando con máis.

Unha enorme aperta!













Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS