PROPÓÑOVOS UN XOGO DE REPASO PARA OS ALUMNOS DE 5º E DE 6º

BOAS DE NOVO RAPACES: TEÑO UNHA NOVIDADE PARA VÓS.

VOLVINME DESEÑADORA DE XOGOS!

PENSANDO PENSANDO ACORDEIME DE ANXO E DE SERGIO QUE LLES ENCANTAN OS XOGOS, E PÚXENME A INVESTIGAR COMO PODÍA FACER EU UN.

ASÍ QUE DESEÑEI UN QUE DE MOMENTO ESTÁ FEITO PARA O ALUMNADO DE SEXTO, PERO PENSO QUE OS DE QUINTO TAMÉN PODEDES PROBAR A VER QUE TAL VOS SAE. É PRECISO QUE O XOGUEDES DENDE UN ORDENADOR, XA QUE DENDE O MÓVIL AS PANTALLAS SON TAN PEQUENAS QUE É MOI COMPLICADO.

Ó MELLOR PARA A SEMANA PRÓXIMA SACO UN PARA CUARTO, OU PARA TERCEIRO, A VER O QUE SAE DA MIÑA CABEZA, QUE ESTÁ A TODO TRABALLAR!
ASÍ QUE A DARLLE O COCO E A VIVIR ESTA AVENTURA QUE VOS PROPOÑO.
NON VOS CONTO DE QUE SE TRATA. ASÍ PODEDES DESCUBRILO VÓS.



AGORA SÍ, É MOI MOI IMPORTANTE QUE VOS FIXEDES, QUE FAGADES UNHA LECTURA TRANQUILA, TENTANDO COMPRENDER A HISTORIA QUE SE VOS PROPÓN E OS PASOS QUE DEBEDES SEGUIR. IDE SEN PRESA, POUCO A POUCO. SEN PRECIPITARVOS.
SI XURDEN DÚBIDAS, XA SABEDES QUE PODEDES CONTACTAR CONMIGO.
isabelprofereforzat@gmail.com

ESPERO QUE DISFRUTEDES E ME CONTEDES QUE TAL O FIXÉCHEDES.
SI FOI FÁCIL OU DIFÍCIL, SI VOS PERDÉCHEDES EN ALGÚN LADO, SI VOS GUSTOU, OU FOI UN ROLLAZO, DE VOS DEPENDE QUE SIGA FACENDO DESTAS COUSAS PARA VÓS E MELLORÁNDOAS.
UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODOS.


QUE COMENCE O XOGO!!. QUEN SERÁ CAPAZ DE CHEGAR Ó FINAL?

PINCHA NO DEBUXO E ADIANTE!!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS