ÚLTIMO DÍA DE CURSO
Querido alumnado: Para min este era un curso especial, porque cubría unha vacante no colexio dos meus fillos, unha sorte! Moitas veces os mestres e mestras percorremos colexios por media xeografía galega. Pero o Covid-19 fixo que este curso 2019-2020 fose non soio un curso especial, pasou a convertirse nun curso inolvidable. Cambiamos as aulas pola cociña ou o salón das nosas casas, e os libros por ordenadores ou tablets, e aquela prohibición de que os nenos non deben pasarse horas diante dunha pantalla, de repente desapareceu, todo o contrario, as pantallas foron a nosa salvación. Atopeime dun día para outro vendo como organizar clases virtuais, intentando contactar co meu alumnado por calquera das vías disponibles, e imaxinando xeitos de facervos máis levadeiro o confinamento e o estudio. Así naceu este Blog do REFORZA-T. Lembrades aqueles 15 últimos minutos de clase no que si faciades as tarefas propostas vos deixaba xogar un pouco nos ordenadores a aqueles xogos que servían para r