SÍLABA TÓNICA , CLASIFICACIÓN DE PALABRAS E ACENTUACIÓN
Boas de novo alumnos e alumnas. Aquí vos deixo unha actividade nova para practicar a clasificación de palabras según a sílaba tónica.
Espero que vos sexa de utilidade e por suposto que vos guste.
Está pensada para os de terceiro curso que necesitan practicar, pero é recomendable que tamén que os de cuarto curso ou superiores practiquedes para que non se vos olvide, xa que sabedes que unha escritura sen faltas de ortografía é moi importante.
A actividade consta de tres retos que se irán desbloqueando a medida que ides superando as diferentes preguntas e unha proba final con un recurso novo co que estou experimentando. Sería importante que tentárades facer esta última actividade e ver si sodes capaces, para deste xeito eu comprobar tamén o seu funcionamento e ir axustando estas actividades de cara ó futuro. As vosas aportacións son importantes porque entre todos podemos axudar a melloralas.
Xa me diredes que vos parece.
Lembrarvos que dende este mesmo blog podedes facer comentarios de si fixestes a actividade, que vos pareceu, etc...
Comentarios
Publicar un comentario