INSTRUCCIÓNS E INDICACIÓNS PARA O USO DESTE BLOG.

Como vedes este Blog ten varias publicacións e non todas saen na primeira páxina que vos atopades ó entrar.
Dende que nos dixeron que xa non podiamos volver ó colexio fun publicando cousas, e pode que os que estades entrando últimamente soio estedes leendo as últimas.

Para empezar vouvos indicar algúns trucos de como navegar por el, así ides investigando.

Cando entrades no blog, si vos fixades, na parte superior á dereita vedes unha lupa, e á esqueda tres raias horzontais xuntiñas.

Si premedes nesas tres raias sairavos un desplegable, onde podedes ver varias cousas, pero vouvos comentar as que máis me interesa que usedes: hai un formulario de contacto onde podedes enviarme mensaxes, e un lugar onde pon etiquetas con unha flechiña un pouco máis á dereita, si premedes na flechiña veredes que aparecen varias categorías: terceiro curso, cuarto curso, quinto curso, sexto curso e todo o alumnado de primaria. Para que é iso?
Pois porque o Blog está organizado por categorías, e si queredes buscar cousas que estén enfocadas soio ó voso curso pois premeredes ahí. 
Si queredes ver cousas xerais e actividades que propuxen para todos, pois premeredes en "todo o alumnado de primaria". 
Eso si, recordade recoller o desplegable lateral dándolle na flechiña esquerda, para despois poder ver completamente o que queredes leer.


Coa lupa pasa un pouco igual. Si queredes ir directamente ás actividades de quinto por exemplo, pois premedes na lupa e escribides "quinto" e aparecen xa todas as actividades específicas para o voso curso.

Espero que esto vos sirva de axuda á hora de buscar as actividades e os xogos.

Unha aperta e un saúdo a todos!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS