17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Querido alumnado: Como saberedes o vindeiro domingo é 17 de Maio, Día das Letras Galegas e aínda que a Real Academia Galega decidiu que o acto de conmemoración se apraza ata o 31 de outubro a causa do COVID-19, eu non quería deixar pasar sen que todos nos lembraramos desta data, así que desta vez, non hai xogos matemáticos, nin de gramática.

Esta vez o xogo vai destinado a todos vós pero tamén ás vosas familias, para que xoguedes xuntos!

Propóñovos unha viaxe pola historia do galego e para que tamén coñezades a persoa a quen se lle adican as Letras Galegas este ano.

Pero non o vou desvelar aquí.

Premede no debuxiño coma sempre e collede a maleta que marchamos!! 
Espero que a viaxe vos guste!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRIMEIRO RETO PARA OS MEUS ALUMNOS

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

MAPA DOS VINDEIROS DESAFÍOS