ÚLTIMO DÍA DE CURSO
Querido alumnado: Para min este era un curso especial, porque cubría unha vacante no colexio dos meus fillos, unha sorte! Moitas veces os mestres e mestras percorremos colexios por media xeografía galega.
Pero o Covid-19 fixo que este curso 2019-2020 fose non soio un curso especial, pasou a convertirse nun curso inolvidable.
Cambiamos as aulas pola cociña ou o salón das nosas casas, e os libros por ordenadores ou tablets, e aquela prohibición de que os nenos non deben pasarse horas diante dunha pantalla, de repente desapareceu, todo o contrario, as pantallas foron a nosa salvación.
Atopeime dun día para outro vendo como organizar clases virtuais, intentando contactar co meu alumnado por calquera das vías disponibles, e imaxinando xeitos de facervos máis levadeiro o confinamento e o estudio.
Así naceu este Blog do REFORZA-T.
Lembrades aqueles 15 últimos minutos de clase no que si faciades as tarefas propostas vos deixaba xogar un pouco nos ordenadores a aqueles xogos que servían para repasar?
Teño que agradecervos a vós o feito de que durante o confinamento tentara ser eu a que fabricara eses xogos de repaso para vós, con toda a ilusión do mundo.
Hoxe remata o curso e preparei unha última actividade. Non podemos despedirnos dentro da aula como deberíamos, pero pareceume unha boa idea levarvos de excursión este último día, aínda que sexa de xeito virtual. Así que en canto rematemos a clase virtual e viaxemos xuntos, teredes acceso de novo a esta actividade.
Seguide lendo libros, comics, revistas, escribindo contos, noticias, diarios cos vosos segredos, cancións...Sodes estupendos e ides conseguir todo o que vos propoñades, pero ás veces hai que esforzarse un pouco e este ano vós sabedes ben que significa eso.
Por sorte, eu vou poder vervos pola rúa, e saudarvos, e preguntarvos como van as cousas.
Disfrutade moito das vacacións!
Unha aperta!!
Comentarios
Publicar un comentario