Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

XOGO DE REFORZO PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO CURSO

Imaxe
Boas nenos e nenas. Aquí vos poño un novo xogo, desta vez para repasar cousas que se deron en terceiro curso, pero nunca está demais reforzar contidos, sexas do curso que sexas. A ver si este vos gusta e ánimo, seguro que podedes resolvelo e chegar ó final!! Como sempre pinchas no debuxo e xa che leva directo ó xogo.

XOGO PARA PRACTICAR OPERACIÓNS COA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS E O PASO DE UNHAS UNIDADES A OUTRAS

Imaxe
Acabo de facer un xogo novo para os que estades practicando estes días tanto a multiplicación e división pola unidade seguida de ceros como o paso dunhas unidades de medida a outras. Está recién saído da miña cabeza!! Espero que vos sirva para repasar e practicar. Pinchades no debuxo de abaixo e xa entrades directos.

CLASES VIRTUAIS PARA O ALUMNADO

Imaxe
QUERIDAS FAMILIAS: COA INTENCIÓN DE MANTER O CONTACTO COS ALUMNOS E ALUMNAS E RESOLVER DÚBIDAS QUE LLES VAIAN XURDINDO NESTE CONFINAMENTO, PUXEN EN FUNCIONAMENTO DENDE FAI UNHAS SEMANAS A POSIBILIDADE DE QUE OS NENOS POIDAN RECIBIR CLASES VIRTUAIS POR VIDEOCONFERENCIA. SOIO SE PRECISA UN ORDENADOR OU UN TELÉFONO NO QUE DESCARGAR WEBEX E UN CORREO ELECTRÓNICO PREFERIBLEMENTE GMAIL CO QUE ESTABLECER CONTACTO E PROGRAMAR AS CITAS PARA AS CLASES. SI PRECISADES EMPREGAR ESTE SISTEMA OU TEDES DÚBIDAS SOBRE COMO EMPREGALO, NON DUBIDEDES EN PREGUNTARME. COMO SEMPRE, SIGO A VOSA DISPOSICIÓN. isabelprofereforzat@gmail.com UN SAÚDO.

PRACTICANDO AS MOEDAS EN 3° DE PRIMARIA

Imaxe
Boas de novo rapaces! Desta vez teño algo para os de terceiro. Gústanvos os pasteis? E as magdalenas decoradas? Supoño que nestes días estaredes de reposteiros nas vosas casas...pois atopei algo para vó s que espero que sirva para que practiques xogando. Nesta ocasión o xogo consiste e aprender a pagar na pastelería. Pincha no debuxo e entraredes directos...que ricos están!Ññammmm!! Veña vamos!!

PROPÓÑOVOS UN XOGO DE REPASO PARA OS ALUMNOS DE 5º E DE 6º

Imaxe
BOAS DE NOVO RAPACES: TEÑO UNHA NOVIDADE PARA VÓS. VOLVINME DESEÑADORA DE XOGOS! PENSANDO PENSANDO ACORDEIME DE ANXO E DE SERGIO QUE LLES ENCANTAN OS XOGOS, E PÚXENME A INVESTIGAR COMO PODÍA FACER EU UN. ASÍ QUE DESEÑEI UN QUE DE MOMENTO ESTÁ FEITO PARA O ALUMNADO DE SEXTO, PERO PENSO QUE OS DE QUINTO TAMÉN PODEDES PROBAR A VER QUE TAL VOS SAE. É PRECISO QUE O XOGUEDES DENDE UN ORDENADOR, XA QUE DENDE O MÓVIL AS PANTALLAS SON TAN PEQUENAS QUE É MOI COMPLICADO. Ó MELLOR PARA A SEMANA PRÓXIMA SACO UN PARA CUARTO, OU PARA TERCEIRO, A VER O QUE SAE DA MIÑA CABEZA, QUE ESTÁ A TODO TRABALLAR! ASÍ QUE A DARLLE O COCO E A VIVIR ESTA AVENTURA QUE VOS PROPOÑO. NON VOS CONTO DE QUE SE TRATA. ASÍ PODEDES DESCUBRILO VÓS. AGORA SÍ, É MOI MOI IMPORTANTE QUE VOS FIXEDES, QUE FAGADES UNHA LECTURA TRANQUILA, TENTANDO COMPRENDER A HISTORIA QUE SE VOS PROPÓN E OS PASOS QUE DEBEDES SEGUIR. IDE SEN PRESA, POUCO A POUCO. SEN PRECIPITARVOS. SI XURDEN DÚBIDAS, XA SABEDES QUE PODEDES CONTACTAR CO

MENSAXE IMPORTANTE PARA O MEU ALUMNADO NESTES DÍAS DE CONFINAMENTO.

Imaxe
Hai algo no buzón para o meu alumnado. Pincha encima e descubre de que se trata!!

ENLACES PARA REPASAR

Imaxe
Meu querido alumnado: Benvidos de novo despois de estas estranas vacacións de Semana Santa, nesta entrada non vos poño tarefas para que fagades e me enviedes, simplemente son recursos que podedes usar para repasar nestes días. Non vos desmoralicedes porque sodes uns rapaces e rapazas estupendos e cando sexades maiores, esto será unha anecdota vivida, desas que lle contaredes fachendosos ós vosos fillos e ós vosos netos. Estes días estamos aprendendo moitas cousas, desas que nos quedan para toda a nosa vida...a compartir, a valorar o que temos, a ser felices a pesares das dificultades, a buscar estratexias para pasar as horas e os días sin caer no aburrimento, e a ser alumnos e alumnas a distancia, pero sen perder o sorriso. Como vedes hai un icono para cada curso. O pinchar en el aparecen enlaces a actividades lúdicas que espero que vos gusten. Pouco a pouco irei completando con máis. Unha enorme aperta!

BOOM MATEMÁTICO!! REMATARÉDELO SIN QUE EXPLOTE??

Imaxe
Bos días de novo ó meu querido alumnado do programa REFORZA-T, estamos a mércores 2 de abril, esperando a que se acabe esta conta atrás para salir do confinamento e quero amosarvos unha cousiña que atopei polas redes e que aínda que di que é para 3° e 4° eu penso que calquera de vos pode intentalo e xogar un pouco á vez que aprendedes. Está feito por unha profesora de P.T e a min pareceume moi chulo. Esto non é un dos retos que vos estou propoñendo estes días e que podedes consultar no resto das entradas deste blog, pero o velo xa me lembrei de vos e aquí volo poño. Si pinchades na foto podedes empezar a xogar. A ver si sodes capaces de chegar ó final sin que vos explote!!