Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

DITONGOS E HIATOS. O título asusta un pouco, pero espero poñérvolo fácil.

Imaxe
Boas de novo rapaces e rapazas. Nunha das últimas actividades tratabamos coa acentuación sobre todo para iniciarse nela e repasar, agora xa damos un pasiño máis e traballamos con ditongos e hiatos, que moitas veces vos dan que pensar e vos facedes un pouco lío. Tratei de explicalo dun xeito que espero vos guste e vos sorprenda e sobre todo que faga que vos sexa fácil e non vos olvidedes xa nunca máis. Colócate na foto, pincha en ela e tes a actividade lista para empezar!

OS ESCRITORES DA CLASE, QUE LEVANTEN A MAN!

Imaxe
Boas alumnado! Estou probando un novo formato para que poidades enviarme as actividades a través do Blog, así que necesito da vosa axuda e colaboración para facer a primeira. Desta volta propóñovos que fagades un conto e eu encárgome de poñérvolo chulo con debuxos e publicárvolo aquí no Blog. Si cando o conto me chegue vexo que ten cousas que correxir xa me poño en contacto con vós antes de publicalo para que corrixades e tamén par resolver dúbidas. Antes de nada apuntade esta clave, ides necesitala para enviarme o traballo feito.   a6tfje9yyq  Imos! Premede aquí mesmo e xa entrades nas ficha coas explicacións.

SÍLABA TÓNICA , CLASIFICACIÓN DE PALABRAS E ACENTUACIÓN

Imaxe
Boas de novo alumnos e alumnas. Aquí vos deixo unha actividade nova para practicar a clasificación de palabras según a sílaba tónica. Espero que vos sexa de utilidade e por suposto que vos guste. Está pensada para os de terceiro curso que necesitan practicar, pero é recomendable que tamén que os de cuarto curso ou superiores practiquedes para que non se vos olvide, xa que sabedes que unha escritura sen faltas de ortografía é moi importante. A actividade consta de tres retos que se irán desbloqueando a medida que ides superando as diferentes preguntas e unha proba final con un recurso novo co que estou experimentando. Sería importante que tentárades facer esta última actividade e ver si sodes capaces, para deste xeito eu comprobar tamén o seu funcionamento e ir axustando estas actividades de cara ó futuro. As vosas aportacións son importantes porque entre todos podemos axudar a melloralas. Xa me diredes que vos parece. Lembrarvos que dende este mesmo blog podedes facer comentarios de si

PASAPALABRA

Imaxe
Boas de novo alumnos e alumnas, non todos os xogos que ides ver por aquí son feitos por min, de vez en cando atópome con recursos que me gustan para vós e aquí volos deixo. Esta é unha especie de Pasapalabra en galego para practicar un pouco de vocabulario. Si o facedes xa me diredes os fallos, e o tempo que tardáchedes, así vemos quen acertou máis e quen o fixo en menos tempo.  Podedes poñer nos comentarios o voso nome, o tempo empregado e os fallos cometidos. Non vale trampas!! Veña premede na ruleta e a ver que tal se vos dá! Xa me contaredes!

RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS PARA OS DE CUARTO DE PRIMARIA

Imaxe
Como vexo que ó alumnado de cuarto lle xurdiron algunhas dúbidas cos caderniños, póñovos algunhas imáxenes explicativas e enlaces que poden servos de utilidade.  Medición de ángulos Simetrías . Preme aquí para vero video explicativo Lineas da circunferencia.Preme para ver o video explicativo. Clases de polígonos según os lados, Espero que vos sirva de axuda. Xa sabedes que para calquera consulta lémbrovos o enderezo electrónico: isabelprofereforzat@gmail.com

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Imaxe
Querido alumnado: Como saberedes o vindeiro domingo é 17 de Maio, Día das Letras Galegas e aínda que a Real Academia Galega decidiu que o acto de conmemoración se apraza ata o 31 de outubro a causa do COVID-19, eu non quería deixar pasar sen que todos nos lembraramos desta data, así que desta vez, non hai xogos matemáticos, nin de gramática. Esta vez o xogo vai destinado a todos vós pero tamén ás vosas familias, para que xoguedes xuntos! Propóñovos unha viaxe pola historia do galego e para que tamén coñezades a persoa a quen se lle adican as Letras Galegas este ano. Pero non o vou desvelar aquí. Premede no debuxiño coma sempre e collede a maleta que marchamos!!  Espero que a viaxe vos guste!!

REPASAMOS E PRACTICAMOS AS UNIDADES DE MEDIDA E A SÚA CONVERSIÓN

Imaxe
As unidades de medida sempre teñen dificultade ó principio, por eso é necesario practicar moito pero unha vez que lle collades o xeito, xa non teredes ningún problema. Así que fixen este xogo para que practiquedes. Dentro do mesmo hai enlaces a vídeos explicativos por si precisades repasar. A mellor forma de coñecer si sabedes facelo é probando, así que si queredes non esperedes máis e xogade a este xogo. Xa me contaredes que tal se vos dou. Como sempre preme no debuxo e empezade!

INSTRUCCIÓNS E INDICACIÓNS PARA O USO DESTE BLOG.

Como vedes este Blog ten varias publicacións e non todas saen na primeira páxina que vos atopades ó entrar. Dende que nos dixeron que xa non podiamos volver ó colexio fun publicando cousas, e pode que os que estades entrando últimamente soio estedes leendo as últimas. Para empezar vouvos indicar algúns trucos de como navegar por el, así ides investigando. Cando entrades no blog, si vos fixades, na parte superior á dereita vedes unha lupa, e á esqueda tres raias horzontais xuntiñas. Si premedes nesas tres raias sairavos un desplegable, onde podedes ver varias cousas, pero vouvos comentar as que máis me interesa que usedes: hai un formulario de contacto onde podedes enviarme mensaxes, e un lugar onde pon etiquetas  con unha flechiña un pouco máis á dereita, si premedes na flechiña veredes que aparecen varias categorías: terceiro curso, cuarto curso, quinto curso, sexto curso e todo o alumnado de primaria. Para que é iso? Pois porque o Blog está organizado por categorías, e

XOGO PARA PRACTICAR O PASO DO TEMPO E A LECTURA DOS RELOXOS.

Imaxe
Algunhas veces este tema do paso do tempo pode ser algo complicado, porque nos pode resultar dificil identificar canto tempo pasa...sobre todo porque o tempo sempre pasa demasiado rápido cando facemos algo que nos gusta e demasiado lento cando facemos algo que xa non nos gusta tanto, a que vos ten pasado? A dificultade está sobre todo cando se vai dende as horas e media ata as horas en punto. Ou cando nos empezan a falar de hora PM (despois das doce do medio día) ou AM (antes das doce do medio día) Pois para traballar un pouco con eso descolguei da parede o meu reloxo da cociña e púxenme a facer este xogo que pode serlle de utilidade a cuarto e tamén terceiro curso. Xa e diredes si o realizáchedes e si vos foi fácil ou complicado. XA SABES, PINCHA NO DEBUXO E PRACTICA!